domingo, 29 de abril de 2018

OS ECOSISTEMAS DA CLASE LUNA

Son múltiples e variados os ecosistemas que rodean á Clase Luna. Estudamos catro deles, cada grupo especializouse nun.

Entre o grupo escolleron un dos ecosistemas, estableceron cal era o seu medio físico e os seres vivos que nel viven. Logo deseñaron o ecosistema para reproducilo nunha pequena caixiña. Cando xa o tiveron listo, chegou o momento de darlle forma ao guión que deberían memorizar e gravar para á explicación aos compañeiros.




Estes son os resultados:


O ECOSISTEMA DO REGO DOS MUIÑOS




O ECOSISTEMA DO MAR






O FONDO MARIÑO






AS MONTAÑAS





GOZAMOS CON ODAIKO

O cole foise a gozar da música e movemento de Odaiko no Auditorio de Carballo.


Este grupo crea música a través da percusión. Bailamos e xogamos cos compoñentes de Odaiko durante a mañá.

Asemade, aprobeitamos a viaxe ata Carballo para coñecer a arte que decora as súas rúas. Son múltiples as obras quee dan vida aos edificios e muros da vila.











AS ARTES INUNDAN O CENTRO!

lunes, 9 de abril de 2018

A CLASE LUNA VAISE Á ESCOLA INFANTIL

Seguimos aprendendo sobre as profesións das nosas familias. Fumos á Escola Infantil A Casa dos Títeres de Cabana de Bergantiños. Alí traballa a mamá de Sara!


Unha vez alí recibiunos Silvia, a directora da escoliña. Ensinounos todas as intalacións: o despacho, a biblioteca, o parque e a zona de recreo. Tamén visitamos as aulas nas que convivimos cos nenos e as educadoras infantís.






Samuel liunos un conto a todos e en especial á súa irmaíña.



E estivemos con Noelia, a mamá de Sara! Liunos un conto terroríficamente divertido e traballamos un pouquiño cos seus alumnos. Logo invítaronnos a un riquísimo chocolate con biscoito caseiro. Que rico estaba! Tamén xogamos cos nenos e nenas da escoliña.




Sara pasou un rato estupendo coa súa prima!


Lucía gozou do conto e a merenda coa súa irmá!


Foi unha experiencia moi especial xa que moitos dos nenos e nenas foron alumnos desta escoliña. Cantos recordos!
Moitísimas grazas a todas por nos acoller e tratar tan ben! GRAZAS!

A CLASE LUNA NA ENFERMARÍA

Seguimos aprendendo sobre as profesións das nosas mamás!

Nesta ocasión veu a mamá de María ensinarnos sobre a enfermaría. Con ela veu un paciente moi especial 🐻


Falamos con Bely e preguntámoslle sobre o seu traballo, os seus estudos e o hospital. Logo comezamos a curar ao 🐻
Aprendimos os pasos todos a seguir para facer moi ben as curas. Todo comeza por lavar as mans e poñer as luvas.

Moitísimas grazas por ensinarnos tanto e transmitirnos tanta paixón polo traballo! 














O 🐻quedou como novo!

A CLASE LUNA VAISE AO SALÓN DE PEITEADO E Á MOBLARÍA

Neste curso aprendemos sobre as profesións. 
E que mellor xeito de facelo que aprendendo sobre aquelo no que traballan os nosos pais!

Pois fómonos ao salón de peiteado da mamá de Vítor, María Jesús Añón.

Aproveitamos para gozar do paseo de Cabana mentras facendo a saída a pe.





Cando chegamos, recibiunos Chus e contounos detalles sobre como ser perruqueiros. Os estudos que fan falta e a vocación.



Logo ensinounos o material co que conta para atender aos clientes: peines, tesoiras, tintes, cremas, champús, secadores,...

Esta é unha máquina esterilizadora coa que se eliminan os microorganismos do material que emprega no seu traballo. As bacterias están en todas partes! 😄


Chus ensinounos todas as intalacións do salón. A sala de masaxes e estética, a de depilación, a dos raios UVA e a de peiteados. 
Foi unha experiencia magnífica! Moi enriquecedora!
Moitísimas grazas Chus!








Logo da visita á perruquería fumos á moblaría do papá de Vítor. Sabíades que nunha moblaría se venden máis cousas ca mobles? Nos tivemos á oportunidade de sabelo de primeira man.
Moitísimas grazas!